Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Pederastia na Igrexa Católica

Polémica pola vinculación dos “ataques” a Joseph Ratzinger e o antisemitismo

A Oficina de Prensa da Santa Sé matiza as palabras do predicador da Casa Pontificia, Raniero Cantalamessa, durante o seu discurso de Venres Santo.

Redacción - 12:50 03/04/2010
Raniero Cantalamessa

Raniero Cantalamessa

O director da Oficina de Prensa da Santa Sé, Federico Lombardi, matizou este sábado as palabras do predicador da Casa Pontificia, Raniero Cantalamessa, que comparou os “ataques” ao papa Bieito XVI -Joseph Ratzinger- polos casos de pederastia na Igrexa co antisemitismo.

Cantalamessa, ao final do seu discurso durante a celebración da Paixón do Señor o Venres Santo, leu unhas liñas dunha carta dun xudeu, que daban a entender a comparanza e que provocou duras críticas das asociacións de vítimas do nazismo.

"Comparar os ataques ao Papa polo escándalo de pedofilia co antisemitismo non é a liña seguida pola Santa Sé", explicou Lombardi, en declaracións publicadas por Radio Vaticana e recollidas polas axencias internacionais.

No entanto, xustificou as palabras de Catalamessa xa que, ao seu xuízo, "só quixo facer pública a solidariedade expresada por un hebreo cara ao Pontífice, con motivo da particular experiencia de dor sufrida polo seu pobo". Con todo, recoñeceu que foron unhas declaracións que "podían dar lugar a malentendidos".


3,8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: