Unhas tres mil persoas manifestáronse este domingo en Iruñea pola igualdade de dereitos en todo o 'herrialde'.
Marcha deste domingo en Iruñea
Unhas tres mil persoas, segundo os organizadores, manifestáronse este domingo nas rúas de Iruñea convocados por pais da chamada 'zona non vascófona' de Nafarroa co fin de reivindicar a igualdade de dereitos para os cidadáns de toda esta provincia de Euskal Herria.
Liberdade para elixir o éuscaro (en éuscaro e en castelán). Ao termo da manifestación, leuse un comunicado onde se reivindicaba a posibilidade de "escolarizar os nosos nenos e nenas en éuscaro na nosa localidade cos mesmos dereitos e opcións ca o resto".
A demanda esténdese tamén á aprendizaxe para adultos, á televisión e á radio ou á cultura en xeral. "Desde o noso bilingüismo, abrírmonos ao mundo aprendendo a nos comunicar en linguas estranxeiras, sendo multilingües", sinalaron.