Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"A UE ten que se responsabilizar"

Médicos Sen Fronteiras alertan das violacións que sofren camiño de Europa as emigrantes subsaharianas

Entre maio de 2009 e xaneiro de 2010, unha de cada tres mulleres atendidas en Rabat e Casablanca recoñeceu que fóra vítima dun ou máis ataques.

Redacción - 12:45 26/03/2010

Violencia Sexual e Inmigración: A realidade oculta das mulleres subsaharianas atrapadas en Marrocos de camiño a Europa é o título do informe publicado por Médicos sen Fronteiras (MSF) para alertar dunha situación que, consideran, compete ao país alauí e á UE atallar.

"Consideramos que é realmente alarmante que entre maio de 2009 e xaneiro de 2010 unha de cada tres mulleres atendidas por MSF en Casablanca e Rabat recoñeceran ser vítimas dun ou máis episodios de violencia sexual", afirman.

Forzadas en moitas ocasións a fuxir da violencia xeneralizada, de matrimonios forzados ou da violencia doméstica, estas mulleres enfróntanse a novos ataques e abusos sexuais dos que poucas se atreven a falar.

Reposta integral

Non só o goberno de Marrocos, senón tamén os países da UE "deben ser conscientes das graves consecuencias que teñen as políticas de migración e asilo, cada vez máis restritivas, sobre a saúde dos emigrantes e en particular sobre aqueles máis vulnerábeis, como é o caso das mulleres e nenas", declarou Alfonso Verdú, responsábel de MSF en Marrocos.

Das 63 pacientes que esta ONG utilizou para a elaboración do informe, destacan, máis do 21% eran menores de idade. "Cómpre dar unha resposta integral que inclúa aspectos sociais, médicos, psicolóxicos e legais a esta terrible situación", reclamou Verdú.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Das 63 pacientes que MSF utilizou para a elaboración do informe, o 21% eran menores de idade
Das 63 pacientes que MSF utilizou para a elaboración do informe, o 21% eran menores de idade
Marrocos e a UE "deben ser conscientes das graves consecuencias das políticas de migración e asilo, cada vez máis restritivas"
Marrocos e a UE "deben ser conscientes das graves consecuencias das políticas de migración e asilo, cada vez máis restritivas"