Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CINCO ANOS DESPOIS DA SÚA MORTE

Casa-museo de Manuel María: a Xunta non sabe nin contesta

O vicepresidente da Deputación de Lugo denunciou este sábado que a Consellaría de Cultura dá a calada por resposta cando se lle pide que apoie o proxecto.

Redacción - 18:30 22/03/2010

O vindeiro mes de setembro cumpriranse seis anos da morte do poeta Manuel María. A vida e obra do autor, unha das figuras da poesía galega da segunda metade do século XX, ben merece un lugar onde lembralo. Para iso, nada mellor que a súa casa natal en Outeiro de Rei. A Fundación Manuel María reclama dende hai dous anos que o inmóbel pase a ser un museo dedicado ao poeta.

Mais a burocracia, ou a indeferenza, traban a arela da fundación. Agora, o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao, vén de denunciar que a Consellaría de Cultura non respostou a ningunha das dúas cartas que enviou a institución provincial demandando axuda para sacar adiante o proxecto. Bao lembra que a contribución da Xunta é moi importante para lograr un obxectivo que xa conta co apoio da Deputación da Coruña e da de Ourense

Bao relatou nunha conferencia de prensa que a primeira misiva que lle enviaron ao departamento de Roberto Varela foi o pasado mes de decembro. Como non houbo contestación, a Deputación volveu a dirixirse á consellaría o pasado 15 de marzo mais aínda agardan unha resposta.


4/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: