Mentres que a tensión entre israelís e palestinos vai en aumento, a diplomacia internacional intenta mediar para evitar un novo conflito.
Despois dunha semana moi tensa pola construción de novas vivendas israelís en Xerusalén Oriental, o cuarteto de mediadores para Oriente Próximo (UE, ONU, EUA e Rusia) veñen de solicitarlle formalmente a Israel que pare a edificación dos novos asentamentos. A petición fíxose logo dunha reunión celebrada este mesmo venres en Moscú e na que participaron o primeiro ministro ruso, Vladimir Putin; a secretaria de estado de EUA, Hillary Clinton; a representante europea Catherine Aston; e o propio secretario xeral da ONU, Ban Ki-moon.
O goberno de EUA está especialmente molesto con Israel polo feito de que este país aproveitase unha visita do vicepresidente americano, Joseph Biden, a Oriente Medio para anunciar a construción de novas vivendas en territorio ocupado. Os palestinos advertiron que a manobra de Israel era unha clara provocación e que frustraba futuras conversas de paz e hai temor a que se desate unha terceira intifada como resposta.
Poden ampliar en BBC News: Middle East Quartet urges Israeli settlement freeze