Piden que se consolide a atención pública e denuncian a privatización de sete centros de día.
Carlos Americh (BNG); Xabier Ron (Esquerda Unida); Isabel Vilalba (Sindicato Labrego); Laura Cruz (Colexio de Educador@s Sociais de Galicia); e Miguel Fernández en representación da propia plataforma, interviron este xoves en Compostela para anunciar a moción parlamentaria que lle presentaron aos diferentes grupos políticos.
As demandas ao Goberno inclúen a universalización da Tarxeta Social Galega (de uso individual); a aprobación do Catálogo de Servizos Sociais; Medios materiais e persoais para a Axencia Galega de Servizos Sociais para que entre em funcionamento; Revisión da cantidade económica da Renda de Integración Social de Galicia (Risga), Consolidación da rede de Oficinas de Igualdade e Benestar (cabe lembrar que a Xunta despediu a 61 traballadoras a final de ano); e constitución inmediata do Consello Galego de Benestar Social e da Mesa Galega de Servizos Sociais.
Durante a comparecencia pública, a plataforma tamén aproveitou para denunciar as primeiras privatizacións de centros de días que lle afectan a sete concellos.