O Museo Galego da Marioneta ofrece unha representación para todos os públicos que reflexiona sobre a riqueza de África.
Marionetas, monicreques, monifates, fantoches... Este domingo celébrase o seu Día Internacional e a escena encherase de emoción e imaxinación para amosar as posibilidades que ofrecen estes fermosos bonecos postos ao servizo do teatro. En Galiza, a celebración situarase no Museo Galego da Marioneta (Lalín), onde a Asociación Cultural Tarabela organiza a posta en escena de “África: unha mirada a través do microteatro”, da compañía Zeroalaizquierda.
Segundo a súa propia sinopse, toda a forza do microteatro "porase ao servizo dunha nova sensibilidade que necesita da imaxinación dos asistentes". Nesta peza para adultos plásmase a historia de África, un continente "tan rico e tan salvaxemente explotado", dun xeito singular e único, a través de pequenos obxectos nunha atmosfera intensa e íntima.
Para acceder ao espectáculo, para o que haberá tres pases (ás sete da tarde, ás oito e media ou as dez), é imprescindíbel reservar a entrada, xa que só está permitido o aforo de 15 persoas por actuación.
Vídeo: tráiler do espectáculo
Video 2: Recuperamos unha entrevista de Vieiros a Kukas, unha das compañías galegas máis lonxevas