Pretende amosar o rexeitamento da cidadanía ao texto presentado o sábado con convocatorias nas principais comarcas.
A Plataforma Queremos Galego convoca para este luns concentracións por todo o país para amosar o rexeitamento da cidadanía ao anteproxecto de decreto que regula a presenza da lingua no ensino. As convocatorias, de carácter comarcal, terán lugar ao serán.
Polo momento están confirmadas, ás 20 horas, en Compostela -Praza do Toural-, Vigo -diante do Marco-, A Coruña -na Praza de Pontevedra-, Ourense -na Avenida de Habana-, Lugo -na Rolda da Muralla-, Pontevedra -na Praza da Peregrina-, Ferrol -na Praza de España-, Vilagarcía de Arousa -na Praza de Galicia-, Noia, Foz, Carballo e A Estrada -nos catro casos, diante do concello- e, ás 20:30, no Cantón da Leña da Pobra do Caramiñal.