O executivo estatal pretende que a TVE suprima parte do documental onde se fala da corrupción urbanística.
O Ministerio de Medio Ambiente financiou en 2006 con 1,2 millóns de euros a elaboración dun documental en varios capítulos sobre a destrución do litoral, baixo o título 'As ribeiras do mar océano'. Paradoxalmente, agora o goberno español pretende evitar a emisión completa desta produción de TVE.
Segundo publica este luns o diario madrileño El País, o executivo estatal quere eliminar en concreto dous minutos do vídeo onde se introducen imaxes dun telediario da canle sobre a corrupción urbanística subliñándoa como un dos males do litoral. O responsábel da serie, Miguel Ángel Losada, catedrático na Universidad de Granada, rexeita aceptar esa supresión.
Máis información na reportaxe de El País