Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
657 millóns de dólares por problemas de saúde

Indemnización millonaria para os traballadores da Zona Cero en NYC

Bombeiros, obreiros, policías e outros operarios que traballaron no rescate e nos labores de limpeza tralo 11-S víronse afectados polas partículas nocivas da nube de po.

Redacción - 10:55 12/03/2010
Algúns operarios padecen cancro

Algúns operarios padecen cancro

Os miles de traballadores que se viron afectados polo po producido tralo derrubamento dos edificios do World Trade Center o 11 de setembro de 2001 serán indemnizados con 657 millóns de dólares (perto de 480 millóns de euros).

Os representantes dos operarios -bombeiros, obreiros e policías, entre outros- chegaron a un acordo coa administración da cidade de Nova York, informan os medios locais. Moitos, con graves secuelas -a maioría respiratorias-, poderían chegar a recibir até un millón de dólares.

A inmensa nube de po que cubriu toda a Zona Cero e que se mantivo suspendida no aire durante semanas afectou os operarios que non estaban suficientemente equipados.

Amianto nos ares
Estudos médicos apuntan que as taxas de cancro se dispararán nos vindeiros anos entre a poboación de Nova York a consecuencia das partículas de amianto que se desprenderon do esborralle.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: