Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Colaboración do colectivo arxentino 'Iconoclasistas'

Unha outra forma de comunicar o conflito: Cartografía Crítica de Galiza

A Rede de Dereitos Sociais (RDS) da Coruña organiza un obradoiro a próxima semana, co fin último de mapear as loitas e conflitos abertos desde Galiza Non Se Vende.

Redacción - 19:35 11/03/2010
"Mapeo colectivo"

"Mapeo colectivo"

O colectivo arxentino Iconoclasistas defínese como "un laboratorio de comunicación e recursos contrahexemónicos de libre circulación". Son só dous, un home e unha muller, mais moi activos. Percorren Latinoamérica seguindo o rastro dos conflitos sociais e das loitas ambientais que afectan a rexión e plásmanos en mapas. Un outro xeito de comunicar, máis visual, tamén efectivo.

A semana vindeira, terza e cuarta feira, achegarán o seu coñecemento e visión estratéxica no obradoiro que a Rede de Dereitos Sociais (RDS) da Coruña organiza no CS Atreu! O fin último da RDS e doutros varios colectivos integrados na rede Galiza Non Se Vende é elaborar unha proposta de Cartografía Crítica da Galiza, baseada nas loitas e conflitos abertos no noso país.

A iniciativa ten un precedente, tamén na Coruña, cos gráficos incluídos na campaña de información crítica co PXOM do Concello, impulsada por unha vintena de colectivos asinantes do manifesto Polo Dereito á Cidade.


Programa do obradoiro:


Martes, 15
12.00 horas: presentación pública do colectivo arxentino Iconoclasistas e da proposta de Cartografía Crítica da Galiza 1.0. Na Escola Técnica de Arquitectura da UDC (Campus da Zapateira).

16:00 a 21:00 horas: Primeira xornada do obradoiro de Cartografía Crítica da Galiza. No CS Atreu!

Mércores, 16
16.00 a 21.00 horas: Segunda xornada do obradoiro. No CS Atreu!

  • Contacto para participar: rdscorunha[arroba]gmail.com


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: