Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Proxecto ER-INNOVA

Pemes enerxéticas de Galiza e Portugal xuntan esforzos en prol da competitividade

A Tecnópole ourensá foi escenario dunha xuntanza cun obxectivo inmediato: aproveitar o fondo de 400 millóns de euros do que Galiza só aproveitou un 5%.

Redacción - 19:00 10/03/2010

O Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), en Ourense, acolleu este martes unha reunión de coordinación do proxecto europeo ER-INNOVA, que atinxe a un cento de pemes galegas e portuguesas do sector das enerxías renovábeis. Durante a xuntanza, unha técnica do Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) chamou a atención sobre o escaso aproveitamento realizado até o de agora dos fondos de apoio tecnolóxico, instrumento fornecido pola Unión Europea (UE) que asignou 400 millóns de euros a Galiza deica 2013 e do que apenas se aproveitou de momento un 5% dese total.

Segundo se puxo de manifesto na xuntanza, o perfil innovador deste sector empresarial é idóneo para o aproveitamento desas axudas. De forma concreta, salientouse a modalidade de proxectos de cooperación tecnolóxica, que requiren da cooperación de cando menos catro pemes. A iniciativa ER-INNOVA está pensada para o incremento da competitividade das pequenas e medianas empresas do sector enerxético na Eurorrexión. A meta: mellora de condicións de traballo, de posicionamento no mercado e da capacidade de cooperación en proxectos a través de ferramentas TIC específicas.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: