Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Consolidación de emprego

Traballadores da CRTVG piden a dimisión dos seus representantes sindicais

Aseguran que o Comité está a defender os intereses da empresa en lugar dos do persoal e que será cómplice do despedimento de 300 persoas.

Redacción - 09:00 03/03/2010

Unha asemblea informativa convocada polo Comité interempresas da CRTVG cos traballadores rematou en apupos e protestas. Os sindicatos UXT, CC OO, CIG e USO tiveron que escoitar as protestas dos profesionais dos medios de comunicación públicos, que se presentaron á cita vestidos con camisolas brancas en sinal de protesta. O motivo da convocatoria era explicar as modificacións realizadas nun proceso que, segundo denunciaron os traballadores, rematará co despedimento de 300 persoas, despois dunha oferta pública de emprego "insuficiente e obsoleta".

Os traballadores pediron a dimisión dos seus representantes sindicais, despois da negativa a negociar as fórmulas presentadas polo cadro de persoal para lograr a consolidación dos seus empregos. Malia os berros e as protestas, o persoal asegura que o comité rexeitou reformular a súa postura e "segue aferrándose ao poder".

O cadro de persoal exixiulle ao comité que garantise a continuidade de todos os postos de traballo despois do proceso de consolidación e solicitaron que a asemblea acorde por escrito coa dirección da CRTVG as garantías para permitir esa continuidade e evitar o despedimento masivo que, afirman, está a encubrir a dirección. Os traballadores afirman que os seus representantes sindicais, elixidos nas urnas, "se empeñan en representar os intereses da empresa e non o dos traballadores, como é a súa obriga" no que consideran "unha situación sen precedentes na historia do sindicalismo de clase".

Os traballadores aseguran que os representantes sindicais se beneficiaron dunha consolidación de emprego mediante unha simple entrevista mentres empregados con máis de 22 anos de antigüidade seguen a sufrir contratos precarios. Ademais, apuntan que máis de 300 empregados xa interpuxeron demandas por diversas causas de fraude cometidas nos últimos 18 anos. Máis de 100, afirman, xa son indefinidos por sentenza, algunhas delas firmes.

Cartas ás secretarías xerais
Varios traballadores e afiliados aos sindicatos con presenza no comité da CRTVG solicitaron por carta a dimisión dos seus actuais representantes mediante un escrito dirixida ás secretarías xerais en Galiza, ademais dos secretarios xerais de CC OO e de UGT en Madrid, para informalos "da forma de actuar dos seus enlaces sindicais na CRTVG".


1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: