A compañía que dirixe Ánxeles Cuña competirá con outras trece polo galardón.
Coincidindo coa conmemoración dos 50 anos da publicación da novela 'A Esmorga', a compañía Sarabela Teatro fixo unha adaptación da obra de Eduardo Blanco Amor. Agora a montaxe compite con outros catorce traballos no apartado de mellor espectáculo revelación dos Premios Max.
A adaptación, dirixida por Ánxeles Cuña, está protagonizada por Fernando Dacosta, Suso Díaz, Josito Porto, Elena Seijo, Sabela Gago, Nate Borrajo, Rosa Álvarez, Fina Calleha e Tito Asorey. Yuri Sidar e Vadzim Yukhnevic son os músicos que tocan ao vivo, mentres que Suso Díaz se encarga da escenografía e Ruth Díaz do vestiario.
Os Premios Max das Artes Escénicas, están promovidos pola SGAE, e nos últimos anos consolidáronse como uns dos galardóns máis importantes dos que se outorgan no Estado Español.