Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
BANDA DESEÑADA

Un millón de dólares polo primero número de Superman

O exemplar de Action Comics de 1938, considerado o primeiro cómic de superheroes, foi adquirido por un coleccionista en compra directa.

Redacción - 13:40 23/02/2010

Un exemplar da primeira banda deseñada de superheroes da historia, a primeira en que aparecía Superman, vendeuse en Nova York por un millón de dólares (uns 733 mil euros), o prezo máis alto nunca pagado por unha publicación dese tipo. Vincent Zurzolo, director xeral da web que pechou a venda, ComicConnect.com, xustificou o alto prezo porque o cómic estaba "nun estado excelente". Ademais, vendeuse en menos dun minuto.

A BD é un primeiro número de Action Comics, de xuño de 1938, que no seu día costaba 10 centavos de dólar. Considérase que con esa publicación naceu o xénero de historias de superheroes, dos que Superman foi o pioneiro.

Segundo Zurzolo, que tamén é copropietario do distribuidor de banda deseñada clásica Metropolis Collectibles, no mundo hai menos dun cento de copias dese primeiro número, aínda que a meirande parte delas están en mal estado de conservación. A venda millonaria non consistiu nunha poxa, senón que foi unha operación directa.

Do comprador só se sabe que é un coleccionista estadounidense, seareiro das historias de Superman. A anterior marca acadada por unha banda deseñada correspondera a outro exemplar do mesmo primeiro número de Action Comics, que fora poxado por 317.200 dólares en marzo de 2009. Mercárao John Dolmayan, batería do grupo System of a Down e propietario de Torpedo Comics.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: