Os servizos meteorolóxicos aseguran que "o peor xa pasou" ao tempo que se inicia a busca dos desaparecidos e Portugal acelera o envío de axuda.
"Madeira necesita toda a nosa solidariedade e axuda para reconstruír un mundo que foi destruído", afirmaba este sábado o presidente de Portugal, Aníbal Cavaco Silva. Os fortísimos ventos, por riba dos 100 Km/h e as intensas choivas varreron as illas causando inundacións e deixando cando menos tres ducias de mortos e un cento de feridos de diversa gravidade, así como cuantiosas perdas materiais.
O Instituto Meteorolóxico Nacional portugués indicou que o temporal afrouxará este domingo, permitindo o traballo dos servizos de emerxencia. O primeiro ministro, José Sócrates, desprazouse ao arquipélago para coordinar a resposta á situación. Desde o Ministerio de Interior avalían a posibilidade de declarar a zona en estado de catástrofe e reclamar a axuda que a Unión Europea estabelece para estes casos.
Para ampliar: