Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Actos de homenaxe na Coruña e Monforte

Venres de Novoneyra

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda presenta unha carpeta con poemas e imaxes reeditada por Rei Zentolo, e en Lemos fan unha visita guiada ao Parnaso de Tor.

Redacción - 13:00 19/02/2010

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda presenta este venres na Coruña a reedición especial da Carpeta homenaxe a Uxío Novoneyra con poemas, fotografías e estampas de pintura que fixeron os creadores hai xa dez anos. Esta reedición correu a cargo de Rei Zentolo.

No acto, ás 20.30 horas no salón de actos da asociación, participarán Uxio Novoneyra Rei pola Fundación Novoneyra; Salvador Vázquez, director de Rei Zentolo SL; e Xosé Fernández, coordinador da carpeta de homenaxe.

O acto dividirase en tres partes: unha presentación audiovisual con presentación de imaxes e espazo sonoro; un parladoiro a cargo dos presentes na mesa; e un recital colectivo de poemas e textos de Novoneyra por parte dos asistentes.

'Un berro pola lingua'

Tamén, en Monforte, homenaxean o escritor este venres. O Pazo de Tor, da Deputación Provincial de Lugo, continúa a celebrar o Ano Uxío Novoneyra, visitando a partir das 17.30 horas o chamado Parnaso de Tor, lugar onde tanto Novoneyra como a súa compañeira María Paz Taboada escribiron algúns dos seus textos.

Entre outros actos, ademais da visita, e presentados polo xornalista Paco Nieto, desenvolverase un obradoiro de creación colectiva para nenos e adultos, que leva por nome Un berro pola lingua.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: