Un usuario do xornal advirte de que todos os enderezos web no novo portal do departamento que dirixe Xesús Vázquez están neste idioma estranxeiro.
"A política lingüística da consellaría é clara: o inglés como punta de lanza face ao galego". Un usuario do Open Vieiros, o apartado de Vieiros onde os lectores rexistrados poden subir as súas propias noticias, advirte de que no novo portal da Consellaría de Educación todos os enderezos web están en inglés.
Así por exemplo, se queremos acceder ao apartado alumnos/as temos que teclear http://www.edu.xunta.es/web/students; ao de profesores/as, http://www.edu.xunta.es/web/teachers; ou ao de centros, http://www.edu.xunta.es/web/schools.
'Afortunadamente', logo da renovación da web, todos os contidos permanecen en galego.