Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Desde a década de 1980 até 2003

Paramilitares colombianos admiten que mataron máis de 30 mil persoas

Son datos oficiais, obtidos das súas confesións. As autoridades, no entanto, cren que as vítimas poderían ser máis de 120 mil.

Redacción - 10:25 17/02/2010
Masacre en Colombia (Botero, 2000)

Masacre en Colombia (Botero, 2000)

Luis González León, xefe da Unidad Nacional de Justicia y Paz da Fiscalía informou este martes que uns 4.112 ex membros do grupo paramilitar Autodefensas Unidas de Colombia aseguraron asasinar a 30.470 persoas en 20 anos, desde a década de 1980 até a súa desmobilización en 2003.

Porén, a Fiscalía estima que esa cifra podería ascender a 120 mil. O cálculo baséase na cifra de paramilitares desmobilizados que até o de agora confesaron crimes: case 1.900. Aínda falta por cuantificar os homicidios que confesen outros 2.600. Ademais, xa se presentaron casos en que un só desmobilizado recoñece a súa responsabilidade en máis dun milleiro de vítimas.

González León revelou tamén que se contan 1.085 masacres confesados, 2.520 casos de desaparición forzada e 1.033 secuestros. As confesións permitiron atopar 2.388 fosas cun total de 2.901 cadáveres. Só uns 750 puideron ser identificados e entregados ás súas familias.

Aproximadamente 32 mil paramilitares deixaron as armas dentro da chamada lei de Justicia y Paz, entre os anos 2003 e 2006. Con todo, varios organismos de dereitos humanos advirten que unha cifra indeterminada de mandos medios continúan asasinando ao servizo do narcotráfico.

Foxas recentes

A principios de ano, comezouse a abrir unha foxa na rexión de Meta, a 200 quilómetros de Bogotá, que calculan podería albergar até dous mil cadáveres. Os corpos, denuncian, foron alí depositados polo Exército desde 2005 coa orde de que fosen inhumados sen nome.

Entre os obxectivos do 'terrorismo de Estado' en Colombia hai, ademais de labregos, sindicalistas e xornalistas.


4,43/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: