Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
MELLOR INTERPRETACIÓN

Luís Tosar gaña o seu terceiro Goya por 'Celda 211'

O actor lugués, que fixo boa parte do agradecemento en galego, conságrase como un dos mellores do cine estatal.

Redacción - 23:51 14/02/2010

O seu papel de ‘Malamadre' fora xa aclamado pola crítica e o público. Este domingo, a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas acabou de referendalo. Luís Tosar gaña así o seu terceiro Goya, logo de facelo en 2002 con ‘Los lunes al sol', en 2003 con ‘Te doy mis ojos' e agora grazas á súa interpretación no film ‘Celda 211'. 

O  actor lugués non dubidou en facer boa parte do seu agradecemento en galego para dedicarlle o premio á súa familia e "aos amigos que estarán a celebralo no Atlántico e no Matadeiro" (en referencia a dous coñecidos locais de copas de Compostela). Entre o numeroso público que acudiu á gala celebrada en Madrid atopábase o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e o conselleiro de Cultura, Roberto Varela.

A película 'Celda 211' foi a gran gañadora da noite, con oito galardóns en diferentes categorías.

 Premios principais:

-Mellor película: ‘Celda 211'
-Mellor director: Daniel Monzón (por ‘Celda 211')
-Actor protagonista: Luís Tosar (‘Celda 211')
-Actriz protagonista: Lola Dueñas (‘Yo también')
-Actor de reparto: Raúl Arévalo (‘Gordos')
-Actriz de reparto: Marta Etura (‘Celda 211')
-Actor revelación: Alberto Ammann (‘Celda 211')
-Actriz revelación: Soledad Villamil (‘El secreto de sus ojos')


5/5 (31 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Luís Tosar recibe o premio, este domingo

Luís Tosar, é un dos protagonistas de 'Celda 211'
Luís Tosar, é un dos protagonistas de 'Celda 211'