A baixada do IPC en xaneiro foi a maior de todo o Estado Español (1,4%). Con todo, a taxa interanual revela que nos atopamos entre os máis inflacionistas.
O Índice de Prezos ao Consumo (IPC) descendeu en Galiza un 1,4% no último mes de xaneiro con respecto ao anterior de decembro. Esta caída nos prezos sitúanos como a comunidade que experimentou o maior descenso do Estado Español neste mes. Así o revelan os datos dados a coñecer este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE), que reflicten unha baixada dun punto para a economía española.
Mentres, se viramos a vista cara a taxa interanual, Galiza figura entre as comunidades máis inflacionistas do Estado, por detrás de Cataluña, Baleares e Cantabria. En concreto, os prezos incrementáronse un 1,2% con respecto a hai exactamente un ano, mentres que a cifra para a economía española situase noutro 1%.
Efecto das rebaixas
Os compoñentes da cesta da compra que máis influíron na caída dos prezos mensuais foron no vestido e no calzado, cuns prezos que baixaron un 14,8%; seguidos do ocio e a cultura (-1,7%); e o enxoval (-1,2%). Pola contra, os produtos que máis se encareceron foron o transporte (+1,7%), e as bebidas alcohólicas e o tabaco (+1,2%). Reflíctese así o efecto das rebaixas de xaneiro e o encarecemento dos carburantes.
Nos últimos 12 meses
Na taxa anual, o principal encarecemento foi o das bebidas alcohólicas e o tabaco (10,6%); seguido do transporte (6,5%),;da vivenda (1,6%); e dos hoteis, cafés e resturantes (1,6%). Os principais descensos rexistrados dende xaneiro de ano pasado son os alimentos e bebidas non alcohólicas (-2,1%); o ocio e a cultura (-1,6%); vestido e o calzado (-1,1%).
Podes ler en Vieiros as estatísticas da inflación dos últimos meses: