Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN VIGO

Apocalipse e black metal no primeiro concerto do Sinsal

Sunn O))), unha das bandas máis radicais e de maior éxito do drom doom levará a escena os seus sons sepulcrais.

Redacción - 13:00 01/02/2010
Cartel do Sinsal deste ano

Cartel do Sinsal deste ano

Os afeccionados ao black metal están de noraboa. Unha das bandas máis representativas do drom doom visitará Vigo na oitava edición do Sinsal: os Sunn O))) pararán en Galiza na súa actual xira europea, que tamén reclará en Lisboa, Madrid e Barcelona. A actuación promete, xa que os seus concertos son auténticos acontecementos que non permiten a indiferenza, tal e como testemuñan crítica e seareiros logo do seu paso nos últimos anos por certames como o Sónar ou o Primavera Sound.

A banda está formada por Stephen O'Malley e Greg Anderson, quen presentarán o seu último disco, Monoliths & Dimensions, un traballo que pivota entre o minimalismo e o abstracto, máis acompañados que nunca, mais sen renunciar á súa identidade: o uso de guitarras monótonas con notas e acordes sostidos. A apocalipse cobrará presenza no Museo Marco de Vigo a partir das oito e media da tarde: o concerto promete ambiente sepulcral, cos compoñentes do grupo afundidos baixo as súas capuchas negras e unha sala chea de fume para levar a vibración das súas guitarras ao fondo do peito do público, converténdoo en caixas de resonancia para o seu propio ritual.

A organización avisa: “por mor das frecuencias e o volume do son do espectáculo”, advirte os espectadores que a “asistencia ao mesmo pode resultar prexudicial para a saúde se non se toman as medidas de seguridade oportunas”. Recoméndase “especialmente” o uso de “tapóns auditivos”, así como “evitar a asistencia ao concerto de persoas que poidan sufrir ansiedade”.

Abreconcertos de luxo
Os Sunn O))) virán acompañados de Eagle Twin, unha nova banda do catálogo de Southern Lord Records formada polo batería Tyler Smith e polo guitarrista Gentry Densley. Presentan en sira por Europa o que é o seu primeiro disco, The Unkidness of Crows, sete cancións que traspasan o drone doom achegándose ao jzz dende o profundo son da voz e os xogos entre a guitarra e a batería.


4/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Vídeo: Actuación dos Sunn O))) en Berlín

Sunn O))) toman o seu nome dunha xa desaparecida marca de amplificadores, Sunn Musical Equipment Company
Sunn O))) toman o seu nome dunha xa desaparecida marca de amplificadores, Sunn Musical Equipment Company