Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Acto público

Expectación polo novo tareco de Apple

A compañía estadounidense presenta en San Francisco o seu novo 'tablet' e quizais unha nova plataforma de contidos.

Redacción - 10:50 27/01/2010

Este mércores Apple terá unha das súas famosas presentacións públicas de novos produtos. A comunidade internauta, e especialmente a 'maqueira' está moi pendente do que se dará a coñecer a partir das sete da tarde, hora galega. No Teatro Centro das Artes Yerba Buena de San Francisco, a compañía de Steve Jobs amosará, probabelmente, o seu agardado primeiro 'tablet'.

Diversos medios online xa publicaron recreacións do novo tareco, que se espera que sexa semellante a un iPhone pero cunha pantalla de 10 polgadas, con navegación web, as aplicacións da plataforma de Apple e lector de libros electrónicos, un mercado cada vez máis en alza e onde a empresa estadounidense podería entrar con forza. Tamén se especula sobre o seu posíbel nome: iTablet, iSlate ou iPad.

Porén, o lema que está a empregar Apple para anunciar o seu novo evento, "Come see our latest creation" (ven ver a nosa última creación) pode tamén significar que a compañía vai poñer en marcha unha plataforma de contidos para todos os seus dispositivos, centralizada arredor do seu software iTunes. Como acontece con este tipo de actos da empresa estadounidense, poderase seguir en liña.


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: