Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Deporte e solidariedade

Unicef pide o apoio dos afeccionados do Breogán para levar axuda a Haití

Voluntarios da organización recadarán diñeiro no partido deste sábado. O Obradoiro de Compostela destinará aos damnificados o 30% do que recade.

Redacción - 10:00 23/01/2010

O CB Breogán e a Fundación BALOGAL puxéronse a disposición do Comité Galiza de Unicef co fin de colaborar na recadación de fondos para enviar axuda a Haití, onde a poboación infantil se viu especialmente afectada polo sismo do pasado 12 de xaneiro.

Con motivo do partido da liga Adecco Ouro entre o Leite Río Breogán e o Tarragona 2017, este sábado ás 19.15 horas, voluntarios de Unicef recadarán no Pavillón dos Deportes de Lugo diñeiro para a emerxencia en Haití.

Desde o C.B. Breogán e Unicef Lugo fan un chamamento a todos os seus socios e simpatizantes para que colaboren. "Calquera achega, por pequena que sexa, é fundamental para salvar vidas e garantir o futuro dos nenos de Haití", sinalan.

Obradoiro

Tamén desde o Obradoiro de Compostela -que milita na ACB- anunciaron a súa colaboración cos damnificados polo sismo. Ademais dos 300 euros doados pola directiva, o 30% do que se recade por venda de entradas este sábado fronte ao Valladolid irá destinado a axuda humanitaria.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: