Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
A partir das 22.00 horas

Vigo restrinxirá a venda de alcol pola noite co fin de combater o 'botellón'

A medida afectará os negocios que ofertan os seus produtos, entre estes bebidas alcohólicas, pola noite.

Redacción - 18:35 19/01/2010
Ofertaranse "alternativas saudábeis"

Ofertaranse "alternativas saudábeis"

Segundo informa o Concello de Vigo na súa web, o goberno municipal ten previsto restrinxir a comercialización de alcol desde as 22.00 horas para combater o 'botellón'. Os locais que vendan bebidas alcohólicas fóra dos horarios marcados serán sancionados.

A medida afectará basicamente os comercios que ofertan distintos produtos, entre estes bebidas alcohólicas, durante a noite.

O alcalde da cidade, Abel Caballero, xustificou a decisión por entender que o 'botellón' leva implícito "ruídos, enfrontamentos e malestar entre a cidadanía", ademais de causar "consecuencias negativas para a saúde dos mozos".

Como medida de choque, a Alcaldía pretende abordar accións dirixidas a reorientar o lecer da poboación máis nova "mediante alternativas saudábeis".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: