Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Nova BD

Aló Irmao convértese en banda deseñada

O proxecto musical do galego Narf e do guineano Manecas Costa cobra vida gráfica na web grazas ao traballo de Xavier Belho.

Redacción - 11:35 12/01/2010

O proxecto musical Aló Irmao, que comparten Fran Pérez Narf e Manecas Costa estase a abrir a outras propostas e formatos culturais. Así, na web de Aló Irmao acábase de estrear a súa primeira banda deseñada, que se irá ampliando periodicamente ao longo das vindeiras semanas.

As ilustracións son obra de Xavier Belho, en colaboración con Pérez e Costa. Está creada a partir dun arquivo de fotografías do dúo e pretende achegar unha visión diferente do proceso de conexión artística e humana entre os dous músicos.

Por outra banda, o dúo fixo balance da súa xira polo Brasil, que o levou entre novembro e decembro de 2009 a São Paulo, Porto Alegre, Jequié, Salvador de Bahia e tamén a Bos Aires. Toda a viaxe musical resultou un éxito pola recepción da crítica e do público, segundo reflectiu a prensa local. Na web de Aló Irmao, o propio Fran Pérez reflexiona sobre os concertos.


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: