O documentario de Maria Júlia Fernandes 'Galegos de Cá e Lá' consegue ser o segundo programa máis visto da RTP-1 no día da súa emisión.
Logo do Telejornal das 20.00 horas da pasada segunda feira, que obtivo un 35,5% de audiencia, o documentario Galegos de Cá e Lá foi o programa máis visto do día na RTP, a televisión pública portuguesa.
O 28,6% dos televidentes do país vizinho decantáronse por este especial informativo onde se analiza a evolución histórica e a situación actual das aldeias raianas que ao longo dos anos foron vendo alterada a súa dependencia administrativa, con especial atención ás do Couto Misto.
Galegos de Cá e Lá, de Maria Júlia Fernandes, foi o quinto programa máis visto de todas as televisións portuguesas, cun 12,3% da audiencia potencial total, a pouco máis de tres pontos do líder da xornada: Meu Amor, unha novela de grande suceso que emite a TVI.
O documentario, que volverá ser emitido o 15 de xaneiro pola RTP i (a canle internacional), lembra que non foi até 1864, co Tratado de Lisboa, que os estados português e español acordaron unha división fronteiriza "máis científica", a mesma que persiste até hoxe.