O Seminario Galego de Educación para a Paz salienta o seu labor na defensa dos valores cívicos.
O escritor e xornalista coruñés Manuel Rivas, o fotoxornalista cordobés Gervasio Sánchez, e a xornalista arxentina Karen Marón recibiran os premios Portapaz, que organiza o Seminario Galego de Educación para a Paz. O colectivo salienta que as tres distincións recoñecen “a defensa e promoción de valores cívicos e democráticos, de dereitos humanos e de cultura da paz”.
O acto de entrega terá lugar o vindeiro 29 de xaneiro na Fundación Caixa Galicia de Santiago de Compostela. A entidade tamén vai celebrar ás 11.30 horas desa xornada un acto conmemorativo na Horta da Paz, da Casa Rosalía de Castro, en Padrón. O Seminario ten previsto que participen na xornada escolares da comarca.
A partir da vindeira semana o Seminario tamén porá a disposición do profesorado unha unidade didáctica titulada 'Sobre dereitos e responsabilidades de nenas, nenos e adolescentes'. O documento, que quere conmemorar a morte de Gandhi, poderá descargarse na súa páxina electrónica.