Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTE DOMINGO

Palabra e música solidaria na quinta edición do Implícate

O Teatro Principal de Compostela acollerá o festival que este ano ven cargado de música, danza, literatura e teatro.

Redacción - 09:30 06/01/2010
Cartel do festival (clica para ampliar)

Cartel do festival (clica para ampliar)

Susana Seivane, Antón Reixa, Narf, Candido Pazó, Ana Romaní... Artistas de diferentes eidos culturais participarán esta fin de semana na quinta edición do festival "Implícate 09", que se celebrará o domingo no Teatro Principal de Santiago de Compostela e que cada ano organiza a ONG Implicadas no Desenvolvemento.

O acto, que será presentado por Yolanda Castaño e Luis tosar, contará con actuacións musicais, danza, literatura e teatro e ten por obxectivo "que o público comprenda que cada persoa pode contribuír a mudar as normas que fan do mundo un lugar inxusto para a maioría da poboación mundial".

Ademais, farase entrega do premio Implicada do Ano á xornalista Amelia García Hervella, polo seu compromiso co traballo da entidade e na visibilización das súas actuacións. As entradas teñen un custe de 12 euros en xeral e oito euros para os estudantes e xa están á venda no despacho de billetes de Caixa Galicia, ben na internet ou por teléfono. Ademais está dispoñíbel unha fila cero (entradas a cinco euros) para os que queiran facer a súa achega malia non poder estar presente fisicamente no festival.

Velaquí o cartel definitivo:

MÚSICA

Carmen Rey e banda
Susana Seivane
Narf

DANZA
Pisando ovos

LITERATURA

Antón Reixa
Ana Romaní
María Xosé Queizán
Lino Braxe

TEATRO

Cándido Pazó
Patricia de Lorenzo


Ligazóns

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: