Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Pecha a porta ao referendo no Sáhara Occidental

Volta de 'café para todos' en Marrocos

O rei Mohammed VI lanzou na noite do domingo o programa de "rexionalización avanzada" do país, que rexeita a Fronte Polisario.

Redacción - 18:45 04/01/2010

A Fronte Polisario afirmou este luns que a decisión do rei Mohamed VI de crear unha comisión para a rexionalización do país, que comezaría a actuar no Sáhara Occidental, é unha "chantaxe" para "obstaculizar" a posíbel continuación das conversas de paz a finais de xaneiro.

O enviado especial da ONU para o conflito, Christopher Ross, ten intención de convocar as partes a finais deste mes de xeito informal para intentar renovar as negociacións, interrompidas en marzo de 2008.

A Fronte asegurou que "non aceptará" a autonomía de non se recoñecer antes o dereito de autodeterminación do pobo saharauí, e dixo "non estar preocupada" xa que o litixio debe resolverse no marco das Nacións Unidas.

Mohammed VI lanzou na noite do domingo, tal e como estaba previsto desde hai tempo, o programa de "rexionalización avanzada" do país, unha "evolución maior nos modos de goberno territorial", da que o Sáhara Occidental sería "un dos primeiros beneficiados", asegurou.

O obxectivo do plan é englobar "todas as rexións do reino", tendo en conta as "especificidades" do país, tal como que a monarquía marroquí "figura entre as máis antigas do mundo", dixo.

Ademais, e malia as similitudes co modelo español que se deu en coñecer como 'café para todos', asegurou que cómpre evitar "caer no mimetismo ou na reprodución ao pé da letra de experiencias estranxeiras".


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: