Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
19º trofeo nesta competición

A Pinguela leva para Monforte a Copa Galicia de voleibol feminino

As xogadoras do Xacobeo 2010 Ribeira Sacra impuxéronse ás do Emevé Laboratorios Nupel por 3-0, revalidando o título conseguido o ano pasado.

Redacción - 11:20 04/01/2010
A Pinguela revalida título

A Pinguela revalida título

O Xacobeo 2010 Ribeira Sacra CV A Pinguela conseguiu este domingo a Copa Galicia de voleibol feminino disputada no pavillón de Coia en Vigo, logo de se impor ao Emevé Laboratorios Nupel por 3-0. A equipa monfortina revalidou o título logrado o ano pasado en Lugo e sumou deste xeito o seu 19º trofeo nesta competición.

O conxunto que dirixe Hugo Gotuzzo, o único que milita na Superliga, deixou clara a diferenza de categoría xa no primeiro set, que sentenciou cun claro 25-15, ao igual que no terceiro (25-12). Mais foi no segundo onde a calidade das monfortistas foi máis evidente (25-8).

Na competición masculina, o Club Voleibol Vigo (da Superliga 2) gañou na final ao Turismo de Vigo por 3-0. Por outra banda, o sábado organizouse a II Gala do voleibol galego. María Xosé Garrido e Pablo Bugallo Sánchez foron elixidos mellores xogadores de 2009 e o Emevé (Lugo) e o Ribeira Sacra (Monforte), mellores clubs.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: