As mocidades do PPdeG ofertan en eBay tamén varios obxectos de políticos 'populares' co obxectivo de recadar fondos para "nenos necesitados".
Novas Xeracións, as xuventudes do PPdeG, organizan até o luns unha poxa solidaria a través de Internet na que ofrece unha cea co presidente 'popular' e da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, na residencia de Monte Pío. O obxectivo é recadar beneficios para "axudar os Reis Magos a entregarlles xoguetes aos nenos máis necesitados", explicou a organización nun comunicado. Por iso, apelou ao "espírito do Nadal para que todos colaboren" na iniciativa.
Ademais da cea con Feijóo, Novas Xeracións tamén subhasta unha gravata e un porta-puros cedidos polo presidente do PP, Mariano Rajoy; así como o bolígrafo de ouro co que a presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, asina no libro de honra da Cámara e outros aparellos dos conselleiros da Xunta. A poxa efectúase a través do portal eBay.