Seis responsábeis de bitácoras gastronómicas reuníronse en Pontevedra para catar 15 marcas de refrescos galegos.
Algunhas das gasosas catadas en Pontevedra
Esta semana, varios blogogastrónomos do país decidiron renderlle unha homenaxe a un dos produtos non alcólicos máis tradicionais e, asemade, acompañantes dos viños, aos que sempre se lles prestou unha grande atención. Así, e coincidindo ademais co 28 de decembro, decidíronse someter a unha cata de gasosas galegas.
Os responsábeis de seis bitácoras especializadas na gastronomía e na enoloxía reuníronse na enoteca Bagos, de Pontevedra, para probar nada menos que 15 diferentes marcas de refrescos 'made in Galiza'. As persoas presentes quixeron así, medio en serio medio de brincadeira, reivindicar este "ámbito gourmet inxustamente esquecido" que son as gasosas e instituír un marco teórico para a súa cata. Mesmo deixaron un vídeo para inmortalizar o momento.
Participaron Capítulo 0, Another Cow in the Corn, Laconada, La caja de los hilos, O viticólogo e De pinchos.