Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irimia

Xestionado pola Asociación Irimia
RSS de Irimia
Horizonte Universal

O Estado Vaticano debe asinar a Declaración Universal de Dereitos Humanos

O pasado 10 de decembro celebrouse un novo aniversario da proclamación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Cando se consolidou en España a Corrente Somos Igrexa, fai xa trece anos, redactouse un manifesto de dez puntos baseado no documento orixinal do movemento Somos Igrexa e ampliado nalgúns aspectos.

Corrente Somos Igrexa - 18:54 21/12/2009



  Igrexa e Dereitos Humanos
 
O título deste manifesto é: “Por unha Igrexa consecuente coa defensa dos Dereitos Humanos” e no primeiro parágrafo di o seguinte: “Desde a Fe no Evanxeo traballamos cada día para que a nosa Igrexa se entregue plenamente á defensa da dignidade humana, pero nela aínda existen institucións, normas e comportamentos que contradín tal compromiso”.

 
Resulta incrible que o Estado Vaticano aínda non asinase a Declaración Universal de Dereitos Humanos desde que se adoptou pola ONU o 10 de decembro de 1948. Non se pode alegar por parte do Vaticano que non é membro de pleno dereito, pois si que subscribiu outros convenios.  
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.  
 
  As razóns dunha negativa

    Que o Estado Vaticano non subscriba a Declaración non é unha cuestión menor pois o artigo 1 da mesma indica: “Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente os uns cos outros”. Se asinase, debería inmediatamente acabar, entre outras cousas, coa discriminación milenaria á que someteu ás mulleres, e debería acabar tamén coa estrutura non democrática que mantivo durante séculos.

     É indubidable que os século XX e XXI amosan como sinais dos tempos a incorporación da muller en igualdade de dereitos a todos os aspectos da vida social e política, a democracia como mellor sistema de goberno dos países e institucións, a liberdade de expresión, o diálogo intercultural e interrelixioso ou a non discriminación pola orientación sexual. Son metas e obxectivos desexables que a Igrexa acepta e ata demanda para outros, pero non vive dentro dela.

     Avergoñámonos profundamente de que o artigo 1 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos sexa máis cristián que a Igrexa á que pertencemos, pois o que se propugna nel é a dignidade humana e o amor fraterno. O cristianismo non pode afastarse da realidade de cada momento histórico e manterse ancorado nunha organización doutras épocas. Está en xogo a credibilidade dunha Igrexa que esixe cara a fóra o que ela mesma non cumpre cos seus membros.

     Un cambio inaprazable

    O Concilio Vaticano II xerou moitas expectativas sobre a renovación da Igrexa, abríronse portas a unha maior colexialidade, á participación dos laicos e a unha apertura máis ampla da Igrexa cara ao mundo. Cantos grupos e comunidades da Igrexa católica viven a súa fe alentados por esa eclesioloxía que se foi desenvolvendo a partir do Concilio!

  
Con todo, estes avances non se están traducindo en cambios de fondo institucionais ou do Maxisterio da Igrexa. Por iso pedimos que o Estado Vaticano firme a Declaración Universal dos Dereitos Humanos e que a Igrexa católica actúe en consecuencia tanto na súa estrutura interna como no seu compromiso en contra da inxustiza e a favor da dignidade humana. 


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: