Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Menos impacto ambiental

Un proxecto de fin de carreira propón producir máis enerxía eólica con menos aeroxeradores

O traballo, elaborado pola enxeñeira industrial Laura Castro Santo, que estudou na escola de Ferrol, recibiu o premio do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

Redacción - 11:40 22/12/2009

Un proxecto de repotenciación de parques eólicos, que permitirá producir a mesma enerxía con menos aeroxeradores, recibiu a distinción ao mellor proxecto de fin de carreira do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia. O traballo, da enxeñeira Laura Castro Santo, da Escola Politécnica Superior de Ferrol, leva por título "Estudo técnico e económico da repotenciación dos parques eólicos de Bustelo e San Xoán, de 24,7 e 25,84 MW respectivamente".

O proxecto foi seleccionado de entre 17 candidaturas, das que nove procedían da escola de Ferrol e oito da de Vigo. O importe do premio foi de 700 euros e un pergameo artístico que certifica a distinción.

Laura Castro presentou un estudo que analiza a posibilidade de repotenciar os parques eólicos do país empregando aeroxeradores de máis potnecia. "O resultado é que a potencia é a mesma, pero o número de aeroxeradores e o impacto ambiental é moito menor", explicou a enxeñeira. O seu estudo sobre os parques de San Xoán e de Bustelo reduciría de 124 a só 18 muíños cun incremento anual de 82 xigavatios hora, traducidos en 6,6 millóns de euros máis ao ano.

O proxecto inclúe un estudo do custo desa reforma, concluíndo que se amortizaría en apenas cinco anos grazas a un mellor aproveitamento do vento do emprazamento. Segundo Castro Santo, os antigos xeradores e o cobre do vello tendido eléctrico poderíanse vender ou reciclar noutros países.

O segundo clasificado e o terceiro clasificados foron proxectos doutros dous alumnos da escola ferrolá, Xosé Lozano Montes e Manuel Peral Pardo, que recibiron, respectivamente, 400 e 200 euros. O primeiro deles deseñou un proxecto de construción e actividade de concesionario de vehículos pesados para o polígono Río do Pozo, de Narón, e o segundo un modelo de combustión en tempo real para simulacións de motores.


5/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: