Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN NOVEMBRO

Ás portas do Nadal, os prezos tiran para arriba

O IPC sobe en Galiza seis décimas e sitúase no 0,3%, un incremento que se corresponde coa media estatal e que estivo liderado polo petróleo e o calzado.

Redacción - 11:00 15/12/2009

A inflación rexistra en Galiza por segundo mes consecutivo taxas positivas. Desta vez, o incremento equipárase coa taxa estatal e o IPC sobe en novembro seis décimas, situándose nun 0,3%. A suba do prezo do petróleo e mailo comportamento das cotizacións de vestido e calzado son os responsábeis destas cifras e adiantan que o ano pechará con inflación positiva. Así se deduce dos datos ofrecidos este martes polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

A Coruña, por diante
Se atendemos ao comportamento do IPC en función das demarcacións provinciais, A Coruña rexistrou o maior aumento, cun 0,5%. Na beira contraria atópase Ourense, cun decrecemento do 0,1, única provincia con taxa negativa. Mentres, en Pontevedra, a evolución foi inflacionista nun 0,2% e en Lugo os prezos permaneceron invariábeis.

Hai que atender tamén a outra novidade que ofrecen os datos de novembro: na comparativa intermensual co anterior mes de outubro houbo un aumento xeralizado en todas as provincias cifrado no 0,6% en toda Galiza, por enriba da media estatal (0,5%).

Petróleo e vestido
Se atendemos aos datos por capítulos, os grupos que tiveron un comportamento menos inflacionista en novembro foron o ocio e a cultura, cun -0,6%. Séguelle o eido dos cafés e restaurantes, onde os prezos baixaron outras catro décimas.

Pola contra, os grupos con maiores subas de prezos foron os do vestido e o calzado cun 4% e o transporte cun 1,1%. Todo apunta a cuestións como a suba da cotización dos carburantes, fronte á baixada que experimentaron o ano pasado, e ó incremento do prezo da roupa logo dunhas rebaixas máis acentuadas que o período anterior, como explicacións a este comportamento.

Mentres, na evolución interanual, a maior caída rexistrouse en alimentos e bebidas non alcohólicas, cun -2,1%. Séguenlle o vestido, calzado e medicina (-1,0%). Pola contra, as subas máis destacadas producíronse en bebidas alcohólicas e tabaco (11,1%), ensino (2,5%) e hoteis, cafés e restaurantes (2,1%).


Ligazóns

5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O vestido e o calzado foron o grupo máis inflacionista do pasado mes de novembro en Galiza (4%)
O vestido e o calzado foron o grupo máis inflacionista do pasado mes de novembro en Galiza (4%)
A cotización dos carburantes tamén tiraron para arriba dos prezos
A cotización dos carburantes tamén tiraron para arriba dos prezos