Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A máis cara do país

Quere un pazo en plena zona vella de Compostela? Vaia aforrando 4,7 millóns

Un portal inmobiliario fai pública a clasificación de inmóbeis máis caros. O situado na zona vella de Santiago ocupa o sexto lugar do Estado Español.

Redacción - 17:30 14/12/2009

A casa máis cara de Galiza está na zona vella de Compostela. Cando menos, dos inmóbeis rexistrados na web Facilisimo.com, o que ten un prezo máis elevado, de 4,7 millóns de euros, está na capital do país.

A vivenda, cualificada como "vila", ten 1.615 metros cadrados, dos que a parcela ocupa 800. Dispón de 25 dormitorios e oito baños e atópase na praza de Cervantes. Aínda así, resulta barata ao lado da máis cara do Estado Español, que está, como non, en Madrid, e custa 13 millóns.

A vila compostelá ocupa o sexto posto na clasificación estatal e fai de Santiago a cidade máis cara, a nivel inmobiliario, de Galiza. Para quen busque un piso máis accesíbel, o máis barato que ofrece a web atópase en Ferrol, na rúa Espartero. Ten tres cuartos, mide 80 metros cadrados e custa 33 mil euros.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: