Os lectores falan sobre a lei de altos cargos e convidan a participar nunha protesta contra a figura do rei no noso fervedoiro de opinión.
"Cheos están eses bandullos de moitas cousas, ningunha delas tan salientábel coma a soberbia infatigábel, a avaricia desaforada e un brutal desprezo á sociedade". Así fala Xoán Vázquez (Nova Jersey, USA), no Open Vieiros dos parlamentarios que deron o visto e prace a "vergoñenta" lei de altos cargos desbotando a pasada semana a Iniciativa Lexislativa Popular que pedía a súa supresión. Velaquí a súa interesante reflexión e o debate aberto no que podes participar.
Outro chamado á protesta e á acción chéganos da man de Xeitoso, quen se fai eco da convocatoria dunha gran cazolada antimonárquica en noiteboa: o discurso do monarca na noite do 24 de decembro será o sinal que marque o momento de comezar a bater en louzas e cazolas.