Neste mes de Nadal, o vello lambeteiro baixa outra vez da montaña con novidades.
Todas as culturas teñen un home sabio pola idade que lles axuda aos nenos a pasar o inverno. A cultura galega ten o Apalpador, que durante os anos de esquecemento sobreviviu nos montes do Courel e o Cebreiro e agora volve facernos compaña.
Emilio González Legaspi, orientador no IES Marqués de Sargadelos en Cervo (Lugo), e autor da obra de teatro infantil “Festa no Xardín”, aquelou para o Vieiros da Escola un resumo imprescindíbel para sabermos d'O Apalpador.