Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Diante da negociación UE-EUA

Colectivos de todo o mundo mobilizados contra as ameazas de censura á rede

Erosión aos dereitos fundamentais e freo á innovación. Perigos fronte aos que acaban de enviar unha carta conxunta ao Europarlamento.

Redacción - 10:00 12/12/2009

Coa escusa do chamado Acordo Comercial Anti-Falsificación (ACTA), vénse enriba da internet un conxunto de furados para a innovación. Nunha misiva enviada ao Parlamento Europeo, un conxunto de colectivos principalmente europeos advirten das "ameazas aos dereitos fundamentais e a democracia".

Recollen para iso a propia análise que a Comisión Europea realizou do capítulo que a ACTA lle adica a internet. Confírmase así que, segundo o actual borrador do documento, restrínxense "profundamente" os dereitos e liberdades fundamentais dos cidadáns, "especialmente a liberdade de expresión e a privacidade das comunicacións". Así sucederá debido ao chamado "modelo dos tres avisos" e as políticas de filtrado de contidos, impoñendo responsabilidade civil e criminal sobre os intermediarios técnicos tales como os propios fornecedores de servizos de internet.

"Instamos o Parlamento a que lle pida aos negociadores europeos que estabelezan a transparencia do proceso negociador e publiquen o borrador do acordo, e a non aceptar ningunha proposta que mine as liberdades e dereitos dos cidadáns", expoñen.

Poden ampliar na web da Asociación de Internautas.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: