Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
ECOLINGUA

Pero houbo algunha vez imposición do galego?

O Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos organiza un simposio internacional en Vigo para botar por terra “argumentacións falsas”

Redacción - 16:30 10/12/2009

O presidente do IGEA, Anxo Quintana, presentou este xoves en Compostela o I Simposio Internacional Ecolingua. Segundo as súas propias palabras, as xornadas que se celebrarán en Vigo os días 17, 18 e 19 de decembro teñen como fin último “desmontar con argumentos as falsedades de que en Galiza existe unha imposición do galego”. Para Quintana, un debate aberto e plural é “o mellor antídoto contra a mentira, xa que o único problema real que existe é a falta de normalización”. O ex vicepresidente da Xunta e actual deputado do BNG sostén que a loita a prol do galego debe facerse dende a “seducción”, especialmente, dos castelanfalantes, para que defendan e sintan o idioma propio.

Dende o IGEA salientan a extraordinaria pluralidade destes encontros, nos que incluso estará presente o colectivo máis belixerante coa normalización lingüística: Galicia Bilingüe. Para Quintana o convite a esta asociación demostra que “cada un pode dicir o que considere oportuno” pero lembrou que Galicia Bilingüe ensaia “unha estratexia que non obedece á realidade”.

Na presentación, canda Quintana, estiveron presentes o sociolingüista Henrique Monteagudo e Antón Reixa, que actuarán de comisarios das xornadas. Os dous foron críticos coa posibilidade de que se dean pasos atrás coa derrogación do decreto de galeguización do ensino.

Poden ver aquí o programa e obxectivos de Ecolingua


4,43/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: