Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Parlamento Europeo

O grupo dos Verdes/ALE lamenta a “morneza” coa que a UE trata Marrocos no conflito do Sáhara Occidental

“É urxente tratar a situación humanitaria de Aminetu Haidar, mais tamén afrontar os motivos que a levaron a esta situación tan dramática”, din.

Redacción - 17:30 08/12/2009

O grupo parlamentario europeo dos Verdes/ALE, no que está integrado o BNG, lamentou “unha vez máis” a “morneza coa que a UE trata Marrocos” en relación ao conflito no Sáhara Occidental. En concreto, fixeron referencia á situación que está vivindo a activista Aminetu Haidar, en folga de fame no aeroporto de Lanzarote (Illas Canarias).

"O Estado español, en tanto que antiga potencia colonizadora, debe asumir neste tema o liderado que até o de agora se negou a asumir. É urxente tratar a situación humanitaria de Aminetu Haidar, mais tamén o é afrontar de forma firme os motivos que a levaron a esta situación tan dramática”, afirmaron, e entre estes citou “a inxustiza que vive o pobo saharauí”.

“Esperamos moito máis da UE ante unha situación tan flagrante de vulneración de dereitos humanos como a que está exercendo Marrocos sobre o Sáhara Occidental. A situación de Aminetu Haidar puxo de manifesto até que punto o réxime marroquí non é críbel cando fala do seu desexo de atopar unha solución” ao conflito sinalaron desde o grupo dos Verdes/ALE.

Neste senso, consideraron que a situación da Haidar é “o resultado de décadas de deixamento por parte da UE con relación ao Sáhara Occidental”. “O silencio cómplice de tantos anos e a morneza coa que desde a UE tratamos Marrocos con relación a este tema acaba de estalarnos nas mans”, apuntaron.


5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: