Os socialdemócratas anuncian que van impugnar unha votación que perderon por escasas décimas.
O actual presidente de Romanía, Traian Basescu, recuncará no cargo ao lograr unha máis que apretada vitoria nos comicios. Co 99% do voto escrutado, o candidato da dereita logra un 55,3% dos sufraxios, fronte ao 49,6 que obtivo o socialdemócrata Mircea Geoana.
Mais os comicios deixan unha grave crise política en Romanía. Os socialdemócratas avanzaron na mañá deste luns que van impugnar os resultados ao ter “probas de fraude”. Segundo eles, o alto número de votos anulados e o “turismo electoral masivo” viciaron todo o proceso.
O conservador Basescu chegou á presidencia hai cinco anos logo do seu paso pola alcaldía de Bucarest. A oposición denunciou durante o seu mandato graves irregularidades na xestión dos fondos públicos e corruptelas varias. Mentres, o país, que ingresou en 2007 na Unión Europea, ten graves problemas á hora de afrontar os gastos sociais máis mínimos debido á fortísima crise económica que vive.