Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Sen internet

Unha avaría deixa sen servizo a rede informática da Xunta durante seis horas

O fallo, debido a "unha xeración incontrolada de tráfico" afectoulle á meirande parte dos departamentos. Salvouse o Servizo Galego de Saúde.

Europa Press - 09:45 02/12/2009

A Xunta sufriu durante a xornada do martes un corte de servizo na súa rede corporativa informática que deixou sen funcionamento a maior parte dos departamentos da Administración autonómica durante seis horas e que afectou tanto ás comunicacións de datos entre departamentos coma ao acceso a Internet, segundo informou o Goberno nun comunicado.

A avaría tivo lugar ás 10:05 horas e provocou "unha xeración incontrolada de tráfico na rede", o que orixinou que se acumulase o tráfico e afectase aos elementos centrais de interconexión". Segundo explicou a Xunta, unha vez identificado a orixe dese "tráfico incontrolado" procedeuse a illalo, para despois recuperar a propia rede e os servizos afectados, que quedaron restablecidos ás 16;30 horas.

A incidencia non afectou nin á Consellería de Sanidade nin ao Servizo Galego de Saúde, xa que contan cunha rede propia que permitiu que o servizo de citas de atención primaria non quedase interrompido. Non obstante, si estivo interrompido o acceso a Internet dende os centros educativos e tampouco foron accesibles os servizos corporativos de aplicacións informáticas.

A Xunta subliñou que, precisamente para evitar incidencias como esta, traballa dende xullo nun plan de medidas urxentes coa finalidade de mellorar as infraestruturas da rede.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: