Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
DESPOIS DE VISITAR O BRASIL E BOLIVIA

O presidente iraniano en Venezuela

O presidente da Repíblica Islámica do Irán, Mahmoud Ahmadinejad, chegou a Venezuela, na derradeira escala da súa xira por 3 países latinoaméricanos que comezou en Brasil, continuou en Bolivia e remata en Venezuela, co obxectivo de reforzar as relacións diplomáticas e a cooperación económica.

Redacción - 11:01 26/11/2009

O pasado 16 de novembro en véspera da chegada do ministro de Relacións Exteriores venezuelana a Irán, o embaixador de Venezuela en Teherán, David Velásquez, informou que Caracas e Teherán asinaron 280 acordos de entendemento e que ambos Estados pretenden estreitar aínda máis os seus lazos no futuro, entre outras cousas polo seu enfrontamento a un mundo bipolar no que Estados Unidos determina a bondad ou maldad de presidentes ou Estados independentes.

A xira de Ahmadinejad que comezou a Segunda feira comezou no Brasil, país no que mantivo unha xuntanza co presidente brasileiro, Luiz Inácio Lula Da Silva, sobre comercio, investimentos e colaboración enerxética.

No Brasil asinou acordos na área agrícola, para a formación de investigadores iranianos nos cultivos de cana de azúcre e algodón, o desenvolvemento de tecnoloxías para áreas secas, o intercambio de material xenético e a cooperación en biotecnoloxía e o control de pragas.

Ahmadinejad recebeu positivamente o novo papel  do Brasil como mediador nos conflitos en Oriente Medio, pola súa banda Lula ofereceu o seu apoio explícito ao programa nuclear (que leva a cabo Irán) con fins pacíficos, ponto que desmente o binomio Irán-Venezuela, pois Irán ten moitas máis relacións en Latinoamérica que as que a prensa tenta reflectir aviesamente.

Doutra banda, Bolivia e Irán asinaron acordos para a instalación de dous centros de hemodiálise en Bolivia e para a cooperación iraniana no proxecto de industrialización dos recursos do salgar de Uyuni, ao sudoeste do país.

Igualmente, os xefes de Estados de Irán, Mahmud Ahmadinejad, e Bolivia, Evo Morales, inauguraron a Terza feira un hospital e unha procesadora lactea construída con financiamento iraniano e subscribiron convenios en materia sanitaria e mineira.

Ahmadinejad reafirmou o seu compromiso de amizade e cooperación con Bolivia e amosou a súa satisfacción pola posta en marcha destes proxectos.

Espérase que a colaboración comercial con Venezuela, hoxe importante,  continúe intensificándose coa sinatura de novos acordos.


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: