Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
sábado 28 de novembro do 2009

Limpeza da presa do muiño do Toxal

  HORA : 10.00 horas 
  PUNTO DE ENCONTRO :  no muíño do toxal
  MATERIAL : legóns, rastrillos,pas e roupa usada

Vaipolorío - 10:47 26/11/2009

 O MUIÑO DO TOXAL , atópase na beira esquerda do Río dos Gafos na freguesía  de Bértola ( Vilaboa ) : muíño de cubo ,unha moa ,muros de cachotaría e cuberta a unha auga .

TOXAL é microtopónimo ribeirán da forma derivada e abundancial de toxo,  ven da voz prerromana *toju. é " o lugar onde medran os toxos ; toxeira" . Fitotopónimo RÍO DO TOXAL, é unha  das denominacións do Río dos Gafos.

O Toxo é unha "planta arbustiva da familia da familia das papilonáceas de 1 a 2 metros de altura,con follas reducidas  apuntas espiñenta se flores amarelas e axilares ". O Toxo arnal, cachar ou macho ( Ulex europaeus ) e o toxo femia ,gateño,molar ou mouro ( Ulex minor ) son as especies mais comúns

Datos sacados do libro "ANDAR PRIMEIRO DE RÍO - INMATERIAIS DO RÍO DOS GAFOS " do que é autor Calros Solla.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: