Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Novas denuncias de irregularidades

O "incumprimento das bases" leva ducias de opositores ás rúas de Vigo

Solicitan a impugnación de até 25 das 110 preguntas do exame de celador do Sergas do pasado 8 de novembro.

Redacción - 18:45 23/11/2009
Temario en castelán

Temario en castelán

Varias ducias de afectados, entre 50 e 60 persoas segundo os convocantes, denunciaron este luns en Vigo o "incumprimento" das bases na oposición de celador do Sergas que se desenvolveu o pasado 8 de novembro no recinto feiral de Silleda.

Entre os participantes na concentración, que comezou ás 11.00 horas ante a delegación provincial do Sergas, había afectados tanto de Vigo como de Pontevedra, informa Europa Press, que reclamaron unha solución para os "problemas detectados" nas probas.

Denuncian que no exame non se respectaron as bases da convocatoria, xa que entre as preguntas da parte específica -que é a eliminatoria- figuraban varias sobre contidos correspondentes á parte común -non eliminatoria-, segundo explicou un dos afectados, Miguel Lloves.

Xa que logo, solicitan a impugnación de até 25 preguntas do exame, que consta dun total de 110, incluíndo as 10 cuestións de reserva.

Recollida de sinaturas

Varios representantes dos afectados mantiveron este mesmo luns un encontro con responsábeis da dirección provincial e, a maiores, teñen previsto reunir sinaturas de apoio en distintos centros sanitarios.

Ademais, a próxima quinta feira han manter unha xuntanza para redactaren unha carta coa súa reclamación e enviárena ao Sergas en Compostela.

Esta nova suposta irregularidade nunhas probas de oposicións á Administración Pública súmase ás denunciadas xa con anterioridade por aspirantes e sindicatos, nalgún caso en mans da Fiscalía.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: