Confírmase que haberá segunda volta, onde o actual mandatario enfrontarase ao candidato do socialdemócrata, Mircea Geoana.
Traian Basescu
O actual presidente romanés, Traian Basescu, foi o candidato máis votado nas eleccións presidenciais celebradas este domingo en Romanía, segundo os primeiros datos oficiais proporcionados pola Oficina Central Electoral do país.
Co 50% do voto escrutado, os primeiros resultados parciais confirman o anticipado polas enquisas a pé de urna: a necesidade de organizar unha segunda volta o 6 de Nadal na que Basescu se enfrontará ao candidato do Partido Socialdemócrata (PSD), Mircea Geoana.
O presidente romanés obtivo o 33% das papeletas depositadas nas urnas polos cidadáns e Geoana o 29%, segundo os datos oficiais publicados após o reconto da metade dos votos.