Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL

O Consello da Cultura propón unha comisión parlamentaria para desenvolver o Plan de Normalización

Pide que se busquen consensos amplos para avanzar na recuperación da lingua galega e critica as "polémicas irracionais" arredor do idioma.

Redacción - 17:57 20/11/2009

O Concello da Cultura Galega acordou o pasado 17 de novembro dirixirse ao Parlamento de Galiza para solicitarlle que promova unha comisións parlamentaria para que “oídas as institucións, colectivos e expertos que considere oportuno convocar, elabore unha proposta de desenvolvemento consensuado do Plan Xeral de Normalización Lingüística, proposta que debera elaborarse nos próximos meses e ter como horizonte de aplicación a presente lexislatura”.

A proposta institucional dada a coñecer este venres, forma parte dun manifesto no que se analiza a situación que vive a lingua galega na actualidade. A grandes trazos, o Consello da Cultura propón que se traballe para lograr un amplo consenso no que respecta ás políticas lingüísticas, que non se dean pasos atrás no proceso de recuperación do galego como lingua propia de Galiza e que os políticos deixen de formular a cuestión idiomática como un problema.

A declaración institucional foi presentada polo seu presidente Ramón Villares, que estivo acompañado de Henrique Monteagudo e Vítor Freixanes.

Poden ler aquí a proposta íntegra.


4/5 (18 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: