Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOVO ESCENARIO

Feijoo anuncia un debate social para “reflexionar” sobre o futuro das caixas

Afirma que é hora de debater con partidos, sindicatos e empresarios o modelo financeiro que máis lle convén a Galiza. As reunións poderían comezar a vindeira semana.

Redacción - 15:40 19/11/2009

O presidente da Xunta moveu ficha este xoves. Alberto Núñez Feijo anunciou este xoves que vai abrir unha quenda de encontros con representantes das caixas, partidos políticos, sindicatos e empresarios para “reflexionar conxuntamente” sobre o futuro do sistema financeiro galego. O máximo mandatario do país asegura que xa ten unha análise completa da situacióne agora “toca pasar ao segundo período e facer unha reflexión conxunta con todos os sectores”.

Feijoo di que o obxectivo último é chegar a unha “cooperación responsábel” para garantir que Galiza siga tendo peso dentro do marco financeiro estatal e que a entidade ou entidades resultantes logo do proceso sexan solventes. O presidente puxo enriba das caixas a maior parte da responsabilidade do que poida pasar: “As caixas son responsábeis diante de toda a sociedade galega, xa que da súa decisión depende que Galiza acerte no futuro mapa financeiro”.

Dende o Goberno consideran que urxe comezar a traballar no intercambio de ideas. O propio Feijoo subliñou que estaba disposto a aparcar obrigas de axenda para que haxa diferentes reunións antes de que remate este mesmo mes. Segundo explicou, a Xunta dará a coñecer a súa decisión tan axiña remate o período de consultas, o que fai pensar que haberá un posicionamento oficial antes de mediados do mes de decembro. Porén, Feijoo fixo fincapé en que “non teño todas as competencias” para tomar unha decisión final.

A preguntas dos xornalistas, o presidente afirmou non ter presións do seu partido para dar luz verde a unha fusión de Caixa Galicia, Caja Madrid e CAM. Aínda así, advertiu que “se alguén cometese o erro de facelas fracasaría”.


3,5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: